O BNG denuncia os agrupamentos impostos pola Xunta para o CEIP Castro de Ouro de Alfoz

AMariñaXa
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistrou varias iniciativas no Parlamento galego para evitar que a Xunta do Partido Popular agrupe alumnado de diferentes ciclos
Imaxe do do CEIP Castro de Ouro de Alfoz
23 sep 2024

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistrou varias iniciativas no Parlamento galego para evitar que a Xunta do Partido Popular agrupe alumnado de diferentes ciclos educativos no CEIP Plurilingüe Castro de Ouro, en Alfoz, a pesar de que o centro conta co número de estudantes suficiente segundo os acordos establecidos. O deputado do BNG, Daniel Castro, criticou a Xunta por ignorar deliberadamente as peticións das familias e a comunidade educativa afectadas, calificando a situación como unha "diminución da calidade educativa".

Castro subliñou que o acordo permite agrupar alumnado de ciclos distintos só cando o número total é igual ou inferior a 12 estudantes, mentres que no CEIP Castro de Ouro un dos agrupamentos conta con 15 alumnos. Ademais, sinalou que existe outro grupo con 12 estudantes, polo que a situación podería agravarse se algunha das persoas require apoio educativo específico, o que alteraría os ratios permitidos.

A situación é aínda máis preocupante tras a decisión da Xunta de eliminar a única especialista en Pedagoxía Terapéutica do centro. O BNG destacou que estas medidas dificultan o asentamento de familias no rural galego, contrario ao obxectivo de revitalizar estas áreas. O partido esixe unha solución inmediata para evitar prexudicar máis o ensino no CEIP Castro de Ouro e, por extensión, o futuro do rural.

0.16595101356506