O BNG de Xove cuestiona a quinta modificación de crédito do Goberno municipal

AMariñaXa
"Dos 17.505.742,26 euros que había nas arcas municipais hai un ano, cóntase na actualidade con 13.453.446,2 euros", din
Pilar-Vázquez-Sánchez-BNG-Xove-2023
Pilar-Vázquez-Sánchez-BNG-Xove-2023
15 Xul 2024

O BNG de Xove cuestiona a quinta modificación de crédito do Goberno municipal e a reducción do remanente de tesourería de 17 a 13 millóns de euros nun ano de mandato.

Así, din que, tras comezar con retraso o servizo Xove Concilia, deuse a urxencia de suplementar o crédito inicial por un erro de previsión na participación. “Na comunicación da convocatoria falábase só do Concilia e a realidade é que do total do case medio millón de euros que se aprobou , só 18.000 euros foron para dito servizo” explica a voceira nacionalista Pilar Vázquez.

Dos 17.505.742,26 euros que había nas arcas municipais hai un ano, cóntase na actualidade con 13.453.446,2 euros. “Sempre defendimos que había que facer uso do remanente pero un uso planificado, responsable e garante da mellora de servizos da totalidade dos veciños e veciñas. Non para obras illadas e de carácter electoralista” afirma Vázquez.

“Ademáis tendo en conta que Alcoa non está cumprindo coas súas obrigas fiscais co concello, preocúpanos que o goberno non se estea axustando á realidade orzamentaria”.

Dentro dos 15 puntos aprobados, unha das partidas máis importantes foi a destinada ao arranxo de pistas forestais que ascendeu a 60.000 euros. Os nacionalistas consideran que non sería preciso destinar tal cantidade se o Goberno municipal exercera as súas competencias e esixira á industria forestal deixar en bo estado as pistas despois de cada traballo, como dicta a normativa municipal.

0.04761815071106