O BNG de Viveiro volve pedir a sinalización das rutas antes do verán
O BNG viveirense solicita ao goberno de María Loureiro o cumprimendo da súa moción aprobada de sinalización e promoción de rutas para que se poña en marcha antes do verán.
A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, insiste en que “o gran patrimonio natural, histórico e arquitectónico co que conta Viveiro non pode ficar condenado ao olvido e sen que se potencie a súa posta en valor. Unhas rutas e camiños que, coa sinalización axeitada e a súa correcta difusión, axudarían a xerar rutinas e hábitos saudábeis para a veciñanza, as tan necesarías alternativas de ocio para a nosa xuventude e a mellorar o turismo, facéndoo máis estábel e duradeiro”.
Os nacionalistas aproveitan para criticar as demoras e a falta de cumprimento de maneira sistemática por parte do Concello coas mocións e demandas da formación nacionalista, poñendo como exemplo a renovación da zona de Verxeles na que non se avanzou nada, así como as negativa por facer Viveiro cómodo e seguro para a mobilidade en bicicleta, a negativa á hora de pór en marcha un Plan de Pagos Personalizado con falsas excusas, a negativa de crear unha folla de ruta a seguir para o mantemento das estradas municipais, como incluso a negativa de renovar a páxina web municipal. Sendo estas tan só un exemplo dalgunha das demandadas nas que o goberno de María Loureiro da largas.
A concelleira do BNG remata afirmando que “no vindeiro pleno exixiremos o adecentamento, sinalización e promoción de rutas para que esteñan en marcha antes do verán, que xa é unha obriga nesta era covid-19 que nos tocou viver."