O BNG de Viveiro solicita a documentación da Parrillada do Parque do Pernas Peón
AMariñaXa
O BNG de Viveiro vén de solicitar acceso a toda a documentación existente relacionada coa Parrillada do Parque sita no parque Pernas Peón.
3 Feb 2022
O BNG de Viveiro vén de solicitar acceso a toda a documentación existente ou en proceso de elaboración, electrónica ou en papel, relacionada coa instalación da Parrillada do Parque sita no parque Pernas Peón.
Os documentos que piden é a titularidade do inmoble, os procesos de concesión que puideran darse ao longo do tempo, ou a data prevista para a posible posta en marcha dunha mesa de contratación sobre este inmoble e actividade.
Así mesmo piden coñecer as condicións nas que se establece ou estableceu a concesión deste inmoble: prezo, prazos, materiais, condicións da actividade... e o motivo polo que actualmente está pechado, documento coa comunicación emitida aos concesionarios.