O BNG de Viveiro reitera as queixas sobre os accesos a Misericordia e Campo de Verdes
O BNG volveu queixarse sobre o estado no que se atopa o acceso a Misericordia e Campo de Verdes, "pois continúan sen acceso para servizos".
A día de hoxe as rúas da Misericordia e Campo de Verdes "continúan sen o paso necesario que de acceso a servizos vitais como o acceso os camións de bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso o habitual servizo de recollida de lixo", din os nacionalistas viveirenses.
Desde o BNG levouse a pleno a situación de ambos lugares, e "tras as promesas de María Loureiro coa veciñanza de que en mes e medio poñeria solución", dende o grupo do BNG rogan un informe sobre os posibles avances para acadar o retranqueamento do muro que impide o paso en Campo de Verdes.
Ademais tamén piden que se soliciten informes técnicos ao Parque de Bombeiros e servizo de 061 coa finalidade de determinar a posibilidade de acceso dos seus vehículos á rúa Misericordia.