O BNG de Viveiro propón mellorar as paradas de bus con postes informativos cos destinos, horarios e prezos

AMariñaXa
O BNG de Viveiro proporá no Pleno mellorar as paradas de bus con postes informativos cos destinos, horarios e prezos.
parada bus viveiro
25 Nov 2022

O BNG de Viveiro proporá no Pleno mellorar as paradas de bus con postes informativos cos destinos, horarios e prezos. "O noso Concello conta con máis de 60 liñas de autobús que unen as 12 parroquias de forma continuada e diaria, así como tamén unen Viveiro co resto da Mariña e a Galiza e que, con información e coñecemento, chegaría a moita máis xente reducindo de forma directa o intenso tráfico que soporta Viveiro e as emisións, o que axudaría a vivir nun ambiente máis saudable", di Bermúdez.

"Excepto casos illados, as paradas de autobús de Viveiro non contan co máis mínimo letreiro indicador, nin de presenza nin de información cos destinos, horarios e prezos, e poucas son as que contan con marquesiñas para estarmos ao cuberto das diferentes condicións climatolóxicas", di a voceira nacionalista. Estas últimas solicitadas reiteradamente polo BNG ano tras ano coincidindo co comezo da tempada escolar.

Por iso solicitará ao Pleno da corporación local a colocación de indicadores con información nas paradas con información dos destinos, horarios e prezos, comezando polas que teñan máis frecuencias de liñas. Así comogardar unha partida dos Orzamentos Municipais 2023, ou do próximo Plan Único da Deputación se fora necesario, para a instalación de marquesiñas nas paradas priorizando as de uso escolar.

0.18144297599792