O BNG de Viveiro propón crear en Portochao unha área de autocaravanas

AMariñaXa
O BNG de Viveiro propón crear en Portochao unha área de autocaravanas pois o número de persoas que viaxan así está a medrar
area autocaravanas viveiro
26 May 2021

"O número de persoas que viaxan en autocaravana ou furgoneta camper está a medrar de maneira considerable cada ano, máis no marco da covid19 que estamos a viver sendo unha maneira cómoda e segura para viaxar", con esta premisa o BNG de Viveiro presentará unha moción para o vindeiro pleno.

"Este medio facilita que moitas persoas cheguen a vilas sen comunicacións con aeroportos ou convois de alta velocidade como Viveiro, polo que temos que aproveitar a situación privilexiada coa que contamos para atraer a este tipo de viaxantas que consome en comercios, restaurantes, bares, supermercados, gasolineiras e outros servizos", din os nacionalistas.

"Habilitar unha zona para autocaravanas require pouco investimento sendo o único necesario un grifo onde coller auga potable e un lugar onde baleirar as augas grises e negras. Para que for máis completa, aínda que prescindible, seria ben algunha toma eléctrica", engaden.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16939616203308