O BNG de Viveiro pregunta sobre a dragaxe da ría de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
20 Abr 2020

O BNG de Viveiro vén de solicitar información ao Concello sobre as medidas de control medioambiental, de calidade do dragaxe e vertido na praia de Covas, dentro do seu ámbito de competencias. Como é sabido, a zona de dragaxe leva décadas exposta a importantes niveis de contaminación, ben por actividades portuarias (aceites, combustíbeis, pinturas, plásticos…) ben por vertidos incontrolados, como é o caso de numerosos puntos na zona do porto deportivo e o emisario en xeral con diferentes roturas entre Viveiro e Celeiro.

A voceira do BNG, Miriam Bermudez, indicou que “o vertido de area na Praia de Covas deberá exixir dun escrupuloso seguimento medioambiental e de calidade por parte do Concello. Ademais as obras poderían afectar a puntos de captación de auga e aos recursos marisqueiros e pesqueiros. Se ben é unha actuación necesaria para o noso Concello, mais é fundamental garantir o beneficio para toda a veciñanza e medio ambiente. Non podemos permitir un novo destrozo difícilmente reversíbel na ría, tras décadas de vertidos e recheos.”

No escrito presentado, o BNG de Viveiro soliticita información sobre se o Goberno municipal designou, tras a comunicación de inicio da obra, a persoal técnico para realizar un seguimento medioambiental, dentro do ámbito das súas competencias. Cremos que é importante formar parte do “programa de vixiancia ambiental” velando polos intereses do noso Concello e aportando maior transparencia e información nunha obra tan relevante.

Por outra banda, preguntamos se están plantexadas actuacións de control independentes e, de non ser o caso, solicitamos que se realicen pois poderían producirse danos moi graves como presenza de lodos na praia, metais paseados ou residuos orgánicos.

 

0.066074132919312