O BNG de Viveiro pregunta polo cambio de ubicación de Aspanane e a EOI

TerraChaXa | AMariñaXa
O BNG de Viveiro comunicou que está a preguntar polo estado actual do cambio de ubicación de Aspanane e a Escola Oficial de Idiomas.
71803930_752192951893944_2542214782002397184_n
2 Nov 2020

O BNG de Viveiro comunicou que está a preguntar polo estado actual do cambio de ubicación de Aspanane e a Escola Oficial de Idiomas.

"A día de hoxe, o goberno municipal do PSOE non nos ten informados do estado actual dos trámites previos e necesarios para levar a cabo o cambio de ubicación da Escola Oficial de Idiomas que permitirá ampliar as instalacións do centro de día de Aspanane", din os nacionalistas viveirenses.

Por isto rogan ao Concello que expliquen e den a coñecer se foi cedida a titularidade do inmoble "Colexio Vello" de Celeiro ao Concello e á Consellería de Educación, así como, coñecer o estado actual do convenio en canto ás partes que o asinarán, prazos e condicións.

"Pedimos que o equipo de goberno conceda a máxima prioridade a estas xestións, tendo en conta a  demora que leva xa este proxecto", rematan dicindo dende o BNG.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18693089485168