O BNG de Viveiro pregunta polas instalacións deportivas
O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, que dirixe Miriam Bermúdez, preguntará no próximo Pleno pola utilización das instalacións deportivas no termo municipal.
A concelleira nacionalista quere saber de todas as instalacións deportivas que existen no Concello, tanto cubertas como ao aire libre, cales se están a usar e cales están pechadas. Tamén preguntará si existen acordos de cesións de instalacións deportivas a algunha asociación e en que condicións. Finalmente demandarán información sobre o procedemento que ten que seguir calquera veciño que queira acceder ao seu uso.
"No tempo de pandemia que estamos a vivir, coa falta de reunións sociais e as restricións na mobilidade que conleva a situación, son cada vez máis as persoas que se animan a realizar exercicio físico de xeito individual ou con persoas conviventes. Ante a incertidume de canto tempo durará esta situación e a necesidade de ofrecer espazos alternativos para estas prácticas deportivas, por eso facemos as preguntas", explican.