O BNG de Viveiro pregunta pola habilitación da área de autocaravanas coa chegada da Semana Santa
En xuño do ano pasado desde o BNG de Viveiro presentaron unha moción para a creación dunha área para autocaravanas e furgonetas camper en Portochao que saiu aprobada.
Segundo os nacionalistas viveirense, "actualmente xa conta cunha zona acondicionada como aparcamento, recollida de lixo, hai dispoñible acceso ao alcantarillado, auga potable e rede eléctrica, tendo únicamente que instalarse os mecanismos necesarios para o baleirado de augas residuais xunto con tomas de auga e electricidade".
Tendo en conta a proximidade da tempada de verán e coa Semana Santa á volta da esquina, no BNG preguntan polos trámites para a habilitación desta área para autocaravanas despois de transcorrer 10 meses desde a aprobación en pleno da súa iniciativa.
Por outra banda, rogan medidas de seguridade en Landrove "debido á ausencia de beirarrúas, falta de semáforos, pasos de peóns, mala iluminación e á alta velocidade á que circulan os vehículos, nomeadamente na zona donde se sitúa o Café-Bar Alimentación Mª Esther, na zona da carnicería Irmáns Fernández e Panadería de Covas e en puntos de maior afluencia da recta de Landrove como pode ser á altura do Cristo ou do bar Casa Pernas. Podemos dicir que as zonas mencionadas con anterioridade poderían recoñecerse como puntos negros pois son numerosos os accidentes e atropelos que se rexistran".
A preocupación e malestar ante a desprotección e inseguridade nunha das zonas con máis actividade fóra dos cascos de Viveiro e Cantarrá, xunto coa fartura de promesas incumplidas, pois xa
"No 2005 anunciábase en prensa por parte do Xefe Provincial de Estradas e do alcalde Melchor Roel o proxecto que regularía o acceso Chavín-Lugo-Viveiro-Landrove a través dunha rotonda e sumado á inacción de todos estes anos, fixo que no ano 2018 a veciñanza de Landrove se mobilizase recollendo sinaturas demandando medidas redutoras de velocidade e que facilitasen a incorporación dos vehículos á estrada", din dende o BNG.
É importante destacar que actualmente o tramo da estrada de Landrove-cruce até Boimente tamén é moi frecuentada por ciclistas polo que se fai necesario prever medidas.