O BNG de Viveiro planta árbores no Pernas Peón para a recuperación do parque

AMariñaXa
O BNG de Viveiro planta árbores no Pernas Peón para a recuperación do parque. Foron un carballo, un bidueiro e un castiñeiro
viveiro bng planta arbores parque pernas peon
13 Feb 2022

O BNG vén de facer unha recuperación simbólica no parque Pernas Peón plantando un carballo, un bidueiro e un castiñeiro no mesmo.

Para as nacionalistas este parque leva anos sen atención, con bancos e mesas rotas xunto con outras que desapareceron, especies vexetais e camiños que se perden por falta de mantemento e cunha gran falta de masa arbórea despois dunha tala improvisada, sen o máis mínimo estudo e planificación, feita en teoría para combater a procesionaria pero que tampouco resolveu o problema.

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, afirma que con esta acción simbólica queremos que a alcaldía de Viveiro “espabile e traballe por recuperar esta zona verde, para que volva ser un parque vivo no que poder merendar, socializar, xogar e practicar deporte".

Despois de desmentir as palabras de María Loureiro en referencia de que xa tiñan proxecto e despois de que o paso dos anos sen recuperación o rematasen de confirmar, Míriam Bermúdez proponlle "deixar a un lado a improvisación e comezar a elaborar un proxecto de reconstrucción e renovación do parque. Un proxecto que contemple a eliminación das árbores en mal estado que supoñen un perigo parar non ter que pechar o parque con cada temporal, que reflexe o deseño e ordenación deste espazo así como a tipoloxía dos elementos vexetais que se van a plantar no mesmo, os equipamentos e servizos que vai ter, e incluso, un Plan de conservación e mantemento para evitar o seu abandono e desertización no futuro."

0.20100402832031