O BNG de Viveiro pide melloras para a web municipal
O BNG de Viveiro presentará unha moción no próximo Pleno na que pide redeseñar a estrutura da páxina web oficial do Concello de Viveiro "para convertela nun verdadeiro servizo público que ofreza información á veciñanza de forma atractiva, sinxela e intuitiva e coa máxima transparencia posible". Así mesmo piden empregar unha única dirección web do concello e incorporar o dominio .gal á web oficial, ás direccións electrónicas e á súa sede electrónica.
Así mesmo solicitan na moción facer a web oficial do concello accesible para persoas con diversidade funcional e de maior idade e manter a información dos contidos da web oficial do concello actualizada.
Segundo explican a alcaldesa na presentación indicaba que a os obxectivos desta plataforma eran "informar, facilitar as relacións administrativas, fomentar o turismo, dotar a xestión municipal de claridade e transparencia, pero ningún destes obxectivos estase cumprindo, agás o fomento o turismo".
"Esta páxina web non informa, nin é clara, nin é transparente, xa que conta con contradiccións, desactualizacións e omisións no contido das informacións, sen que a persoa usuaria coñeza que información é real e cal non, e cunha estrutura e deseño desorganizados e pouco funcionais", explican.
Nesta moción presentan tamén unha listaxe dos erros informáticos da mesma, con enlaces que non funcionan e problemas de accesibilidade, así como erros respecto do contido, "con información contradictoria e desactualizada".