O BNG de Viveiro pide a retirada dos paneis publicitarios de obras

AMariñaXa
O BNG de Viveiro demanda ao goberno de María Loureiro que lle esixa ás empresas a retirada de paneis e cartaces de obras públicas rematadas.
paneis obras viveiro
22 Mar 2021

O BNG de Viveiro demanda ao goberno de María Loureiro que lle esixa ás empresas construtoras a retirada dos paneis e cartaces das obras públicas unha vez executadas e rematado o prazo obrigatorio de publicidade das mesmas.

Segundo explica, grandes cartaces e paneis están a ensuciar a paisaxe de Viveiro "co anuncio de obras públicas pagadas por todas nós, onde vemos como xa se está a converter nunha competición de a ver quen pon o panel máis grande e co logo da administración pertinente o máis visible. Paneis e cartaces que comezaron atados ás reixas metálicas temporais das obras, até chegar ao punto de instalalos con pés de ferro formigonados ao chan para ficaren na eternidade".

"Xa sexa Goberno do Estado, Xunta de Galiza, Deputación de Lugo e mesmo o Concello de Viveiro, teñen a responsabilidade de manter o noso concello nas mellores condicións posíbeis e de colaborar na mellora da nosa imaxe retirando do noso concello estes elementos de feísmo urbanístico e paisaxístico", conclúe.

0.19846987724304