O BNG de Viveiro insta a habilitar a área de autocaravanas de Portochao

AMariñaXa
Segundo o BNG de Viveiro o Concello segue sen habilitar a área de autocaravanas en Portochao "que conta con auga, luz e alcantarillado".
viveiro autocaravanas portochao
17 Feb 2022

Segundo o BNG de Viveiro o Concello segue sen habilitar a área de autocaravanas en Portochao "que conta con auga, luz e alcantarillado ao pé".

"Dende o BNG xa fai case un ano que se fixo unha proposta moi interesante neste eido, unha proposta con pouco custe, unha proposta en consonancia con este tipo de turismo que ampliaría a oferta para que os autocaravanistas se sintan cómodos na nosa Vila. Esta proposta foi a creación desta área ao final do paseo fluvial do Landro na zona de Portocha"o, que cómo dixo e reitera a concelleira do BNG, Míriam Bermúdez: "é unha zona perfecta para esta área xa que ofrece natureza e tranquilidade, contando xa o lugar con auga corrente, acceso a rede eléctrica, recollida de lixo e alcantarillado, polo que o investimento sería mínimo e a balanza entre gasto/rendimento, dende logo, decántase polo segundo."

Todo o exposto convertíuse nunha moción presentada en xuño do ano pasado, unha moción cunha gran acollida cos concelleiros do BNG, PSOE, Por Viveiro e grupo mixto votando a favor e co PP absténdose, sen ningún voto en contra. Dende o BNG e ante a proximidade do tempo de verán e vacacións "instamos a que á alcaldesa exerza diso, de alcaldesa, e traballe nos acordos plenarios aprobados".

0.21185183525085