O BNG de Viveiro impulsará un Plan de Mantemento de Estradas

AMariñaXa
Míriam Bermúdez aposta por un concello "libre de fochancas" que impulsará cun Plan de Mantemento de Estradas
7 Maio 2023

A alcaldable do BNG, Míriam Bermúdez, ve como un pilar esencial para o concello as conexións por estrada. "É curioso ver como algunhas estradas que non se podian manter en 4 anos, si se poden amañar para as eleccións municipais". Míriam Bermúdez desprazouse até Escourido onde asegura que “é palpable o excaso mantemento das estradas municipais; cheas de fochancas, sen desbrozar e sen unha soa actuación de mellora como ampliación das súas marxes, eliminación de curvas perigosas, etc.”

Míriam Bermúdez insiste en que "Viveiro merece unhas estradas ao día, con planificación e traballos axendados de mantemento, conservación e mellora das mesmas que se guíen por un riguroso Plan de Mantemento de Estradas Municipais. Todo o demais sería improvisar, e xa sufrimos os resultados."

O BNG ten claro que se debe conformar unha rede viaria municipal máis cómoda e segura, especiamente para o rural, onde hai que potenciar a conexión entre os núcleos urbanos e rurais, mellorando a accesibilidade das zonas máis alonxadas.

0.19759321212769