O BNG de Viveiro impulsará medidas para un Concello máis democratizado e transparente

TerraChaXa | AMariñaXa
O BNG de Viveiro impulsará medidas para un Concello máis democratizado e transparente para dotar á cidadanía de máis información de poder.
16 Maio 2019
O BNG de Viveiro impulsará medidas para un Concello máis democratizado e transparente para dotar á cidadanía de máis información de poder.
Fronte a isto, o BNG de Viveiro propón medidas que impulsan a participación cidadá, que o convirtan nun Concello aberto e transparente. Iván Pena, número 4 da candidatura e responsábel de comunicación do BNG advirte que “hai moitísimo traballo que facer nesta materia” e avanzou que “retransmitiremos os Plenos e publicaremos de xeito áxil os acordos e decisións tomadas polo Goberno mediante a web ou uso de taboleiros veciñais. É fundamental elaborar xuntanzas abertas coa veciñanza e presentar uns orzamentos participativos e en data, para poder incluír á cidadanía no día o día do Concello dispoñendo de información e capacidade de decisión. Ademais garantiremos máis transparencia no acceso ao emprego público, na contratación de sevizos, e nos Convenios de Colaboración, elaborando unas bases claras e públicas, unha das reivindicacións que foron reiteradas nas reunión abertas cos colectivos. Tamen informaremos de maneira puntual do estado dos proxectos en execución no Concello, tal é como nos comprometemos no noso programa. Precisamente co noso programa xa dimos un exemplo de boa xestión, participación e transparencia, elaborado tras numerosas reunións con colectivos, abertos, e será o único proxecto de cidade que poderá ser analizado pola veciñanza con tempo suficiente antes de depositar o seu voto."
Miriam Bermúdez recorda, "todo esto vén reflexado no apartado 12 do noso Programa de Goberno, de feito somos a única formación cun programa público, con acceso a toda a veciñanza, porque temos as ideas claras e sabemos como facelas realidade.
0.16348004341125