O BNG de Viveiro di que o Pazo Grallal continúa en deterioro e sen avances para protexelo

AMariñaXa
O BNG de Viveiro vén de comunicar que o Pazo Grallal continúa en deterioro e sen avances para protexelo por parte do Concello.
pazo grallal viveiro 2
6 sep 2022

O BNG de Viveiro vén de comunicar que o Pazo Grallal continúa en deterioro e sen avances para protexelo por parte do Concello.

Este pazo ubicado na parroquia de Covas "segue a presentar a imaxe de desleixo que xa en outubro de 2018 denunciábamos dende o BNG", din, "o busto do fundador do Pazo está totalmente tapado pola maleza, a porta enferruxada e falta unha das bolas de decoración que forman parte do arco de pedra de entrada. O actual propietario, segundo parece un coñecido empresario e mecenas de Madrid, teno neste estado de abandono".

Dende o grupo nacionalista viveirense piden que o Concello se informe sobre a situación e se requerirá ao propietario que corrixa esta situación.

Para Míriam Bernúdez , voceira do BNG, "o Concello debera amosar interese pola situación do Pazo de Grallal, pasaron catro anos desde a nosa denuncia sen ningún tipo de feito, deberan informar se é preciso a Patrimonio para avanzar e poñer os medios necesarios para a súa conservación".

pazo grallal viveiro 1
0.18081212043762