O BNG de Viveiro di que a recollida de enseres e voluminosos "pasa de semanal a esperar mes e medio"

AMariñaXa
O BNG de Viveiro vén de criticar a recollida de enseres e voluminosos no Concello xa que segun comenta "pasa de semanal a esperar mes e medio polo servizo".
enseres voluminosos portada
29 Dec 2022

O BNG de Viveiro vén de criticar a recollida de enseres e voluminosos no Concello xa que segun comenta "pasa de semanal a esperar mes e medio polo servizo".

"A recollida de enseres e voluminosos é un servizo municipal que recolle os residuos que non teñen cabida nos contenedores de lixo habituais. Un servizo imprescindible que necesita dun bo funcionamento desde calquera Concello, pero que en Viveiro pegou un gran baixón nos últimos meses chegando ao punto de ter que agardar mes e medio como mínimo por unha recollida, incluso con límites absurdos de 4 bultos", asegura a portavoz do BNG, Míriam Bermúdez.

Esta xestión está sendo levada a cabo por unha nova empresa externa de limpeza despois de que lle rematase o contrato á anterior. "Un servizo privatizado que debe ser supervisado en todo momento polo Goberno Municipal para que se dea cumprimento de todos os puntos do contrato asinado".

"Semanas atrás, a alcaldesa atacaba á veciñanza por deixar os enseres ás portas do Punto Limpo, mais para evitar isto o propio sería ofrecer desde o Concello un servizo funcional e eficaz; sen atrasos, sen límites e incluso ampliándoo á recollida de plásticos da gandeiría no rural, axudando a este sector xa perxudicado polo peche do Matadoiro, un servizo municipal menos que ten Viveiro pola ausente supervisión do Goberno Municipal", di Bermúdez.

0.13500285148621