O BNG de Viveiro denuncia que a situación sanitaria no concello é "degradante"

LugoXa | AMariñaXa
O centro médico de Viveiro está baixo mínimos.
Captura de pantalla 2018 11 23 a las 9.25.58
28 Dec 2018

O centro médico de Viveiro está baixo mínimos. Non hai persoal médico, de enfermaría ou traballadora social. "Preguntar en cita previa". Son os carteis que aparecen en distintas portas do centros sanitario, o que ten levado ás nacionalistas de Viveiro a denunciar novamente o abandono da sanidade pública por parte da Xunta.

O BNG visitou o Centro de Saúde de Viveiro para coñecer de primeira man a situación. “Hoxe venres, atópanse pechadas tres consultas médicas, tres consultas de enfermaría e a da traballadora social”, ratifican.

A solución que achega a Xerencia de Lugo é "forzar citas a maiores na axenda", sendo habitual citar a tres pacientes no mesmo tempo, o que provoca frustración no profesional pola sobrecarga asistencial que lle impide atender aos seus pacientes dedicándolle o tempo que consideran necesario para unha boa atención.

“A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral”, denuncian desde a fronte nacionalista de Viveiro, unha situación que cualifican de “absoluta vergoña”.

As nacionalistas afirman que non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiros que non son substituídos e instan ao SERGAS a cubrir todas as ausencias no Centro de Saúde de Viveiro.

0.19100904464722