O BNG de Viveiro denuncia o mal estado dos paneis do Valado
Dos 6 paneis informativos existentes no xardín arqueolóxico do Valado, 4 non conservan texto algún xa que os vinilos desapareceron e os 2 restantes están moi deteriorados polo paso do tempo e a acción do sol. Así o explica o BNG de Viveiro. "O mesmo pasa con varios dos paneis informativos existentes en varios puntos do Concello, pois nalgúns a información que contiñan xa non existe", engaden.
Solicitan por tanto que a Alcaldía dispoña que os servizos técnicos correspondentes revisen todos os paneis informativos existentes nas zonas de interese turístico do Concello e se reparen todos aqueles que o precisen e no caso do xardín arqueolóxico do Valado se solucione esta situación, pois non é lóxico que esta zona do lenzo da muralla non conte con ningún tipo de información.