O BNG de Viveiro demanda renovar o parque infantil de Portochao

AMariñaXa
O BNG de Viveiro demanda renovar o parque de Portochao, actualmente un perigo para as crianzas polo seu mal estado
viveiro parque infantil portochao
3 May 2022

Míriam Bermúdez demanda renovar o parque de Portochao, "actualmente un perigo para as crianzas". Segundo os nacionalistas viveirenses "a zona infantil da área recreativa de Portochao, atópase nun estado lamentable e incluso perigoso para as crianzas que ali xogan e desfrutan. Todos os xogos e instalacións están rotos e xa pasaron por varias reparacións deficientes. Do mesmo xeito, as mesas e cartelería da zona presentan un perigo con pezas rotas ou en moi mal estado, incluso con puntas oxidadas e soltas".

Esta área é utilizada tanto pola veciñanza da contorna como para aqueles que chegan camiñando polo paseo fluvial do Landro, "iso si, só no verán, pois o Goberno municipal decidiu darlle un uso estacional a este paseo en contra da proposta do BNG de colocar malla e afirmando que hai outros lugares por onde pasear”, engaden. Ademais existen na contorna varios establecementos turísticos, "agardando tamén a que o Goberno decida executar a área de autocaravanas proposta tamén polo BNG e aprobada en Pleno.

Polo exposto, Míriam Bermúdez demanda á equipa de María Loureiro que avalie o estado da área recreativa de Portochao e acometa de forma urxente a renovación de xogos e mobiliario público valorando o uso de materiais que, dadas a características da área, teñan maior durabilidade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19216680526733