O BNG de Viveiro demanda as ordenanzas de protección acústica e de tenza de animais

AMariñaXa
A concelleira do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, demanda as ordenanzas de protección acústica e de tenza de animais para Viveiro.
praia cans paseando
27 Abr 2022

A concelleira do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, demanda as ordenanzas de protección acústica e de tenza de animais para Viveiro.

Destaca "a tardanza na realización desta Ordenanzas Municipais tan demandandas pola veciñanza e a formación nacionalista, máxime, cando non son textos engorrosos a formalizar e tras ver que o Goberno Municipal cando quere, si saca Ordenanzas case dun día para outro, sen previo aviso e a poucos días antes do pleno. Véxase como exemplo a última ordenanza “Reguladora do uso, conservación e protección dos viais municipais”, aparecida por sorprensa e apenas entregada ao BNG cinco días antes da sesión plenaria na que se levaría a cabo a súa aprobación, sen diálogo previo coa oposición", di Bermúdez.

"Comezamos por lembrar que a veciñanza do noso concello e en especial a que habita no casco histórico de Viveiro e Cantarrá, leva anos agardando por unha ordenanza que regule a contaminación acústica, en especial, desde que o BNG a levou a pleno en setembro de 2019 e saiu aprobada. Unha ordenanza na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas zona acústicamente saturada para poder intervir na mellora da calidade acústica medioambiental das mesmas", engadiu.

Tamén cabe a destacar que en pleno 2022, "Viveiro continúa sen unha Ordenanza de tenza de animas así como tampouco coa Ordenanza regulación de uso e aproveitamento das praias, apesares de que os informes indican que en Viveiro hai máis de 3.000 mascotas", di a nacionalista. Estas ordenanzas, ben para os amantes das mascotas e ben para os que non gostan delas, permitirán regular a vida en común de animais e persoas, horarios e normas básicas de convivencia, o que en termos xerais é, unha regulación da que todxs se beneficiarían.

Dende o BNG continúan instando ao Goberno de María Loureiro, que "decida darlle prioridade a estas ordenanzas e poñelas en vigor canto antes para así mellorar, na medida do posíbel, a calidade de vida da nosa veciñanza".

0.19205093383789