O BNG de Viveiro critica ao Concello pola colocación dunha "improvisada varanda"

AMariñaXa
O BNG de Viveiro vén de criticar ao Concello pola colocación dunha "improvisada varanda de madeira na zona do barrio de Pontelabrada".
viveiro varanda pontelabrada
23 Nov 2021

O BNG de Viveiro vén de criticar ao Concello pola colocación dunha "improvisada varanda de madeira na zona do barrio de Pontelabrada".

"En outubro do presente ano, o BNG de Viveiro presentou unha queixa polo estado do barrio da Pontelabrada na que as nacionalistas advertían do abandono en numerosos viais, zonas axardiñadas, a casa da Xuventude ou o lavadoiro, en estado semirruinoso dende 2018", di a voceiro nacionalista Miriam Bermúdez, "o Goberno munipical respondeu, a través do seu Concelleiro de Obras Jesús Fernández Cal, que acometerían obras de mellora en breves".

"Dous meses despois e tras 18 anos de inoperancia, o Concello coloca unha varanda de madeira no talude baixo a ponte de FEVE, co desnivel e o derrube sen adecentar, entre un chan de terra, cemento e asfalto", engade.

Miriam Bermúdez sinalou que “non sei se é unha tomadura de pelo á veciñanza, ou se é esta a única solución que pode aportar este Goberno Municipal tras 18 anos de abandono, unha solución que vén sendo un parche. Sexa o primeiro ou o segundo, queda clara a inoperancia do PSOE.” Ao mesmo tempo, a concelleira nacionalista esixiu que “se execute canto antes unha verdadeira obra de reacondicionamento da zona, pois xa son moitos anos de desleixo e non é de recibo nin facer nin deixar as cousas desta maneira”.

Por outra banda, Míriam interesouse pola consulta realizada á Xunta polo abandono da Casa da Xuventude: “xa sabemos o trato que a Xunta lle dá a Viveiro, pero o Goberno Municipal debera pórse a traballar e presentar algún tipo de plan e iniciativas para rehabilitar a zona, ben como zona deportiva ou con outro uso, dada a reducida dimensión da pista. En todo caso, urxe o establecemento de novas áreas deportivas dado o abandono absoluto das pistas do Casino e Casa da Xuventude, así como a execución das pistas de Skate aprobadas en pleno por inicitiva do BNG.”

0.17465400695801