O BNG de Riotorto denuncia a falta de atención sanitaria no centro de saúde

TerraChaXa | AMariñaXa
Afirma que só se fan consultas os martes e os xoves pola tarde, durante catro horas
Imaxe recurso de médicos
28 sep 2024

Desde o BNG de Riotorto denuncian unha vez máis o deterioro do servizo de atención primaria no noso municipio. "Nos últimos dous anos e medio, pasamos de ter dous médicos no centro de saúde a contar con só un que non é substituído en periodos de vacacións ou días de libranzas", din.

Volve ocorrer nestes días. Afirman que Riotorto leva dúas semanas sen persoal médico no centro de saúde polas mañás, no horario de atención habitual neste servizo. Só se fan consultas os martes e os xoves pola tarde, durante catro horas.

"A Xunta do Partido Popular está sometendo aos centros de saúde a unha incerteza e a un desgaste que ten como único obxectivo expulsar á xente da atención primaria e da sanidade pública, e converter a saúde nun negocio", engaden.

"Coa complicidade dun goberno municipal que se borra á hora de reclamar o dereito da veciñanza a unha atención continuada no seu centro de saúde, pero tamén á hora de informar sobre os horarios e a situación dun servizo fundamental para todas e todos, conclúen.

0.097829818725586