O BNG de Ribadeo presenta unha moción para crear dun parque canino

AMariñaXa
O BNG presenta unha moción ao pleno na que insta ao Concello de Ribadeo a crear un parque canino dentro do espazo urbano.
bng_ribadeo
7 May 2024

O BNG presenta unha moción ao pleno na que insta ao Concello de Ribadeo a crear un parque canino dentro do espazo urbano. “É unha medida que levábamos no noso programa electoral e, tamén desde a oposición, queremos ser propositivos e prácticos para as veciñas e veciños de Ribadeo. Despois desta primeira proposta seguiremos presentando medidas e iniciativas ao longo do mandato. Intentaremos chegar a acordos co resto dos partidos que conforman a corporación para conseguir sacalas adiante”, segundo indicou o concelleiro Martín Graña.

En canto a esta proposta, Martín Graña tamén explicou que “os cans son sentidos como membros das familias e forman parte do noso día a día desde hai moito tempo”. Nos últimos anos consolidouse a tendencia a convivir con mascotas nos ámbitos urbanos polo que “esta convivencia pode chegar a provocar molestias para as persoas en xeral e para os propios donos das mascotas en particular no momento en que hai que sacalas á rúa para que paseen e fagan as súas necesidades”.

Asegura que non se trata dunha problemática nova, “e nos últimos nos lexislouse para asegurar o mantemento da hixiene e seguridade na vía pública e traballar na concienciación cidadá”. Unha vez asegurado o respecto ás normas de hixiene e seguridade, e tendo en conta os avances en recoñecemento e coidado aos animais dos últimos anos, o seguinte paso é “dotar as vilas e cidades de lugares de lecer acoutados, acondicionados e amplos para que os cans poidan xogar e correr libremente sen ter que saír do casco urbano”. Un parque canino é un espazo público no que os cans poden cubrir determinadas necesidades como socializar, realizar exercicio, pasear sen correa, etc. "Todo iso nunhas boas condicións de salubridade e seguridade, tanto para os animais como para as persoas que os acompañan.”

0.16913795471191