O BNG de Ribadeo pide reclamarlle á Xunta o investimento na reforma do hospital Asilo
No último pleno, o BNG de Ribadeo propuxo reclamarlle á Xunta de Galicia que confirme o investimento de 700.000 euros na reforma integral do hospital Asilo, financiar a construción dun campo de herba artificial con 800.000 euros e ampliar o Fondo de Cooperación Local que aseguran non experimentou ningún incremento desde 2009, cando Feijoo asumiu o goberno da Xunta.
Porén, sinalan que o PP opúxose as súas demandas. O BNG de Ribadeo fixo esta proposta, como transacción, para modificar unha moción de urxencia do PP local para pedir unha entrevista con José Tomé. Desde a alcaldía pedían o apoio de toda a corporación para solicitar esa entrevista, na que lle ían propoñer unha serie de investimentos para Ribadeo. Desde o BNG comparten estas e outras peticións que beneficien Ribadeo.
Pero postos a facer propostas, e para darlle máis verosimilitude a cada unha delas, queren mostrar a intención, como ente local, de solicitarmos tamén axudas á Xunta e mesmo ao goberno central. Instan á Xunta a que faga reais os 700.000 euros prometidos para a reforma integral do Hospital Asilo, que faga tamén real a ilusión de dispoñer dun campo de herba artificial e que aumenten a dotación do Fondo de Cooperación Local.
Porén, acusan que cando o alcalde de Ribadeo deu entendido o sentido da emenda volveuse atrás, que á Xunta xa se lle podería pedir outro día. Así entende o PP de Ribadeo a mediación: “De dis o que eu digo, digo que es boa xente; e senón...”.