O BNG de Ribadeo lamenta que se dupliquen "innecesariamente os plenos"

AMariñaXa
O BNG de Ribadeo elaborou un programa de goberno para o mandato 2023-2027 no que os veciños poden comprobar o seu compromiso
BNG Pablo Vizoso Ribadeo 2023
17 Nov 2023

O BNG lamenta que se dupliquen "innecesariamente os plenos mediante a realización de convocatorias extraordinarias que poderían ser integradas nun pleno ordinario, que xa vai con retraso".

Os nacionalistas ribadenses din que "tivemos un pleno extraordinario que ben se podería ter integrado no pleno ordinario que tocaba facer a principios do mes de novembro, que xa leva dúas semanas de retraso, e que aínda está sen axendar".

"Se é certo que urxía aprobar os puntos que conformaban a orde do día deste pleno extraordinario, por que non se deu convocado o ordinario que tocaba a principios deste mes? Retraso na convocatoria dos plenos, retraso no comezo das obras do Hospital Asilo... Non é de estrañar: cando se dedica máis tempo a especular, ou a difundir insinuacións sobre o anterior Goberno, despois bótasenos o tempo enriba e non damos preparado a convocatoria dos plenos ordinarios, ou temos que convocar á oposición de forma extraordinaria", din dende o BNG.

Así, critican o modo de enterarse da convocatoria do pleno extraordinario "o noso grupo municipal  soubo que ía haber pleno extraordinario este xoves dezaseis ás oito da tarde: lendo o xornal o mércores pola mañá".

"O alcalde quere reducirnos o tempo de intervención nos plenos, pero semella ter a intención de, pouco menos, duplicar o número de plenos", engadiron.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17125701904297