O BNG de Ribadeo di que as obras de reforma do Hospital Asilo van con atraso

AMariñaXa
Din que "namentres, as familias das persoas desprazadas a outras residencias ven como se esgotan os prazos de execución"
Hospital-Asilo-Ribadeo
11 Jan 2025

Dende o BNG de Ribadeo veñen de advertir de que as obras de reforma do Hospital Asilo van con atraso. Así, "a 15 de decembro, o grado de cumprimento era tan só dun 45 %, polo que pensar que van rematar esta reforma nos prazos previstos, para finais de marzo do 2025, non ten moito sentido".

"Como van ser quen de facer en catro meses tanto como o que lles levou case ano e medio?", din os nacionalistas ao que engaden, "Ademais, a escasos tres meses para cumprirse o prazo de execución, nada se sabe do sistema de xestión previsto":

Desde o BNG din que “namentres, as familias das persoas desprazadas a outras residencias ven como se esgotan os prazos de execución e os usuarios e usuarias do Hospital Asilo contemplan o paso do tempo con máis desesperación polas promesas incumpridas de Daniel Vega. Cada vez quédalles máis lonxe volver á que foi a súa casa durante moitos anos. E todo pola incompetencia dun individuo cada vez máis prepotente e máis incontrolado no gasto".

 

0.17373013496399