O BNG de Ribadeo denuncia "unha fuga de auga no barrio de Santa Cruz que se leva producindo desde outubro"
O BNG de Ribadeo denuncia "a deixadez do PP ante unha fuga de auga no barrio de Santa Cruz que se leva producindo desde outubro".
Nestes días, ante a denuncia dos veciños da zona, acudiron ao barrio de Santa Cruz para ver no propio lugar unha fuga de auga "que se leva producindo desde o mes de outubro, aproximadamente, de xeito diario e constante".
"Os veciños séntense abandonados polo Goberno do PP ao facer este oídos xordos sobre esta problemática durante tantos meses", di o voceiro do BNG de Ribadeo, Pablo Vizoso, que se pregunta "porque o PP lle da pouca importancia ás reclamacións dos veciños e á conservación da auga nun mundo no que este ben é cada vez máis prezado polo aumento na frecuencia nas secas".
"Un elemento básico para as nosas vidas que o goberno do Partido Popular parece non ver", rematou dicindo Vizoso.