O BNG de Ribadeo denuncia camiños municipais sen rozar

AMariñaXa
Aseguran que as vías que son de competencia municipal están sen limpar
pistas_sen_rozar_ribadeo
10 Xul 2024

O BNG de Ribadeo critica ao alcalde por dedicar recursos do Concello a facer labores que non son da súa competencia. “Esta situación foise producindo ao longo desta semana pasada, na que puidemos comprobar como o alcalde despoltricou contra unha institución, a Deputación de Lugo, dicindo que ten os camiños sen rozar”. Aseguran que as vías que son de competencia municipal están sen limpar.

“Estamos informando  da situación de abandono de varias pistas, camiños e estradas competencia do Concello de Ribadeo, que están pouco menos que a monte”. Nesta situación, denuncian, encóntranse as pistas do Pesegueiro ou dos Fornos, en Remourelle; ou en Vilamaríz, en Vilaframil ou en Noceda, nas pistas multideporte ou no paseo das Aceas; en Covelas...

0.22085404396057