O BNG de Ribadeo denuncia a falta de limpeza nas rúas

AMariñaXa
Desde o BNG de Ribadeo denuncian o estado lamentable da limpeza e do mantemento das rúas do Concello en pleno verán: beirarrúas e colectores sucios, descontrol na recollida, queixas das veciñas e veciños por esta situación de abandono, e as zonas rurais deixadas a monte, aseguran.
limpeza_ribadeo
3 Aug 2024

Desde o BNG de Ribadeo denuncian o estado lamentable da limpeza e do mantemento das rúas do Concello en pleno verán: beirarrúas e colectores sucios, descontrol na recollida, queixas das veciñas e veciños por esta situación de abandono, e as zonas rurais deixadas a monte, aseguran.

“Recibimos queixas a diario sobre o noxo que dan os colectores e a sucidade que hai polas rúas ribadenses. Tamén nos chaman para avisarnos da falta de recollida de lixo e da mala xestión do mesmo. Como é posible que pagando 200.000 euros no último ano a unha empresa privada, e tendo unha plantilla dobrada, o servizo sexa peor?”, asegura Pablo Vizoso. Nas últimas semanas, “temos tamén constancia de que as máquinas municipais están traballando en terreos e fincas privadas, nunha actuación que roza a ilegalidade. Ribadeo é un descontrol e ten un goberno desbordado, incapaz e irresponsable.”

Por último, o voceiro Pablo Vizoso lembra que esixen “que se comece a traballar en serio e de xeito organizado. Non podemos admitir que se estea tirando diñeiro de todos en empresas privadas e ao mesmo tempo teñamos que padecer un peor servizo para os veciños e veciñas de Ribadeo. Non podemos seguir así.”


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1772940158844