O BNG de Ribadeo critica que unha empresa privada faga os labores de poda das árbores

AMariñaXa
O BNG de Ribadeo elaborou un programa de goberno para o mandato 2023-2027 no que os veciños poden comprobar o seu compromiso
restos poda ribadeo ruas
30 Out 2023

O BNG de Ribadeo ven de criticar que unha empresa privada se faga cargo dos labores de poda das árbores do concello. Así, pregúntanse "quen paga esta tarefa e polo tanto que se fai cargo deste despilfarro".

Ademais, indicaron que os restos da poda quedaron sen recoller polo que se esparciron co vento destes días cubríndoo todo. "Rúas sen lugares de estacionamento público durante unha semana, ese que tanto lles preocupa", sinalaron os nacionalistas.
restos poda ribadeo ruas 2
0.19912791252136