O BNG de Ribadeo acudirá a Valedora do Pobo tras a "ocultación" do gasto no 2024 por parte do Goberno local

AMariñaXa
O grupo municipal do BNG de Ribadeo co seu voceiro, Pablo Vizoso á cabeza, presentou no Concello un recurso de reposición para que se recoñeza o acceso á información solicitada
bng-ribadeo
19 Out 2024

O grupo municipal do BNG de Ribadeo co seu voceiro, Pablo Vizoso á cabeza, presentou no Concello un recurso de reposición para que se recoñeza o acceso á información solicitada sobre a conta de gasto do ano 2024 e se recoñeza, tamén, a vulneración dos dereitos fundamentais que sufriu o concelleiro. “Esta semana o Goberno municipal pasou outra liña vermella e volveu denegar o acceso a información sobre a conta de gasto do ano 2024. É a segunda vez, en pouco máis de quince días, que o Goberno municipal nos denega este acceso", declarou o voceiro Pablo Vizoso.

Isto non fai máis que "aumentar o noso temor a atoparnos cun gasto descontrolado como vimos denunciando nos último tempos. Non ten sentido que nos deneguen esta información a non ser que teñan algo que ocultar. Teñen algo que ocultar
desde o goberno?" Esa é a pregunta que lle lanzan ao goberno do PP e a propia sociedade ribadense, á que animan a que acuda ao consistorio a pedir tamén información sobre esta conta de gasto e outros asuntos.

“Por toda esta ocultación de información de xeito reiterado, presentan este recurso de reposición e anuncian que acudirán nos próximos días á Valedora do Pobo e mesmo a xurisdición contencioso-administrativa, se esta situación persiste, para garantir o libre acceso a información. "Mal camiño tomaron desde o goberno municipal cando pretenden ocultarnos información de xeito sistemático; algo moi grave deben tratar de tapar.”

0.21197390556335