O BNG de Mondoñedo denuncia o mal estado das marxes do treito da antiga N-634
O BNG denuncia no último pleno o mal estado das marxes do treito da antiga N-634 desde a Volta Grande ata a travesía Carlos Folgueira e pide que concello leve a cabo con urxencia as labores de limpeza xa que, ademais da mala imaxe que presenta esta entrada para á cidade tamén pon en perigo a seguridade do tráfico. Para o BNG as marxes da estrada deben estar despexadas de vexetación e non chega con facer só rozas periódicas cada vez que se aproxima unha festa en Mondoñedo, como pode ser agora o Mercado Medieval.
Instan ao Goberno a facer clareos de vexetación para mellorar a visibilidade nese treito con curvas e a eliminar as pólas das árbores que afectan ao tránsito de camións ou autobuses que moitas veces teñen que votarse ao medio da calzada para evitar o roce coas ramas nos seus vehículos. Segundo apunta o voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, estas cuestións fundamentais son de competencia municipal e o goberno de Manolo Otero non depende de ningunha outra administración para acometer estes traballos.
O grupo municipal do BNG no concello ve con preocupación a inacción do goberno ante estes problemas tan evidentes o que demostra unha vez máis a deixadez deste equipo de goberno co mantemento das vías da súa titularidade. “Non estamos pedindo proxectos ou grandes obras, que tampouco, pero este problema que afecta a calquera que discorre pola estrada débeselle dar solución canto antes posible”.