O BNG de Mondoñedo comunicou o abandono da estación de autobuses

AMariñaXa
O BNG de Mondoñedo vén de comunicar o abandono que presenta actualmente a estación de autobuses de Mondoñedo.
estacion autobuses mondonedo estado 2022 2
1 Ago 2022

O BNG de Mondoñedo vén de comunicar o abandono que presenta actualmente a estación de autobuses de Mondoñedo.

No último Pleno realizado a finais de xullo o BNG presentou un rogo para esixirlle ao equipo de Goberno medidas urxentes tanto humanas como técnicas para solventar este problema.

"O que se pode ver hoxe na estación de autobuses non é un caso illado e noutros espazos públicos do noso concello como pode ser a Cemiterio Vello tamén pasa", din os nacionalistas mindonienses.

O BNG local condea este tipo de comportamentos incívicos pero bota en falta desde o goberno municipal a adopción de medidas perventivas que atallen este tipo de cuestións.

0.14803600311279