O BNG de Lourenzá di que desapareceu o camiño dende a ponte de Cuñas

AMariñaXa
O BNG vén de anunciar como cabeza de lista de Lourenzá a Belén Fanego Barreira. A formación nacionalista continúa traballando
camino ponte cuñas Lourenza
18 Mar 2024

O BNG de Lourenzá vén de informar que desapareceu o muro no camiño dende a ponte de Cuñas e "apareceu un cargamento de troncos polo que o camiño segue ocupado".

Segundo os laurentinos "o muro desapareceu e agora está o camiño tapado con madeira de poda ou algo similar", din, "agardamos que a ocupación sexa temporal".

Así mentres, os nacionalistas estána agardar unha resposta do Concello pos xa rexistraron un "escrito o día 4 de marzo para saber se había licenzas e permisos e seguimos sen resposta a día de hoxe".

0.094257831573486