O BNG de Lourenzá denuncia problemas nos Servizos Sociais durante as vacacións da traballadora social

AMariñaXa
O grupo nacionalista sinala que durante as vacacións da traballadora social os servizos foron cubertos por un operario polivalente e denuncia malestar entre usuarios
concello-de-lourenza
1 Oct 2025

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Lourenzá denunciou incidencias na xestión do Servizo de Servizos Sociais do municipio, tras comprobar que durante as vacacións da traballadora social os usuarios foron atendidos por un conserxe operario de servizos múltiples.

Segundo explicou o grupo nacionalista, desde o Concello aseguráronlle que non se producira atraso en ningún expediente e que, oficialmente, non se rexistraran incidencias. Non obstante, indicaron que o servizo funcionou grazas á improvisación e non á planificación, xa que fai dous anos se previra a contratación dunha segunda traballadora social a tempo parcial, previsión que nunca se materializou. Ademais, sinalaron que tampouco se cubriron as xubilacións, co que o servizo depende actualmente dun único operario polivalente.

“O feito de que o servizo funcione aparentemente ben cun operario de servizos múltiples non significa que se xestione correctamente”, sinalaron desde o BNG, subliñando que houbo malestar entre usuarios e atrasos nas xestións, "a pesar de que a Alcaldía nega oficialmente que houbera incidencias", di o BNG.

O grupo nacionalista insiste na necesidade de reforzar o Servizo de Servizos Sociais para garantir unha atención de calidade e planificada, en lugar de depender da improvisación ou do esforzo puntual dun único traballador.

⚙ Configurar cookies
0.11430811882019