O BNG de Foz rexeita unha nova solicitude de instalación dun novo parque eólico
O BNG de Foz vén de rexeitar unha nova solicitude de instalación dun novo parque eólico con macroaeroxeradores. O pasado mes de setembro de 2021 o BNG de Foz despois dunha campaña informativa, presentou alegacións contra un novo parque eólico, o Borrasca.
"A falta de ordenación, desordenada e por veces agresiva, fai que o tsunami eólico ao que someten a nosa comarca, poña en serio perigo os valores naturais e os dereitos da poboación dos territorios sobre a que se pretenden asentar os parques. No mes de agosto de 2021 solicitaronse 21 tramitacións de novos parques na Galicia e hai en tramitación mais de 130 proxectos de parques eólicos para encher a Mariña e Galicia de aeroxeneradores de mais de 200 metros de altura", din os focegos.
"Unha sorte de barra libre para ás eléctricas sen que os galegos obteñan contrapartidas. O pasado 14 de outubro iniciábanse os trámites para a instalación dun novo parque eólico, o proxecto Fonte Barreiros, con 16 macroaeroxeradores de 210 metros nos Concellos de Barreiros e Ribadeo e unha liña de evacuación aerea de alta tensión con 23 macrotorres no Concello de Foz que afectaría a numerosos veciños e a bens naturais e patrimoniais", engaden os nacionalistas.
Aínda que o proxecto sufriu axustes cunha nova exposición publica dende o 22 de novembro o BNG de Foz considera este proxecto inadecuado para o Concello e presenta alegacións para evitar as consecuencias destas instalacións a contorna.