O BNG de Foz quere que o IES de Foz conte cun ciclo dual sobre turismo

Foz
AMariñaXa
O BNG de Foz solicita a Consellería de Educacion implantar para o vindeiro curso académico o ciclo dual sobre turismo no IES de Foz.
turismo xente guia visita
28 Abr 2022

O IES de Foz atópase no proceso de incrementar a sua oferta formativa. Desta volta a dirección do centro está procurar o respaldo do tecido educativo e institucional da Mariña para solicitar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación para o vindeiro curso académico do Ciclo dual sobre turismo.

O BNG de Foz considera imprescindible para o desenvolvemento profesional da mocidade da nosa comarca, ampliar a oferta educativa do noso instituto nun sector tan importante no mundo laboral e empresarial da pequena e mediana empresa como é o da hostalería. "Trátase dun sector nos que hai unha gran demanda de profesionais e que están directamente relacionados cunha das máis importantes fontes de ingresos da comarca como é o turismo", din dende o BNG.

O IES de Foz dispón dunha boa oferta formativa, agás de FP, principalmente do grao superior, sendo un dos centros de ensino secundario da Mariña que menos ciclos de FP oferta, comparado con poboacións semellantes como Ribadeo, Burela ou Viveiro. Cremos preciso mellorar esta oferta coa iniciativa do IES de Foz.

O BNG propón ao pleno instar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a atender a demanda do Claustro do IES de Foz e proceder a implantar para o vindeiro curso académico, un Ciclo Dual de Turismo no IES de Foz.

0.1883180141449