O BNG de Foz pide a eliminación das construcións abandonadas de subministro de electricidade
O BNG de Foz ten xa denunciado as moitas contribucións ao feísmo urbanístico que proliferaron ao longo de todo o concello nos últimos decenios. Os nacionalistas entenden a complexidade que requiren algunhas actuacións, precisamente "polo abuso no pasado dalgunhas empresas como as compañías eléctricas que podían ter dereito de paso e que na actualidade pretenden eludir dende pago de impostos en momentos de máximo beneficio, como o mantemento dalgunhas estructuras das que se serviron".
No BNG promoveron no pasado 2017 e "felizmente acadamos en marzo de 2022, a ordenanza para o cobro dunha taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local por parte das empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos. Con todo existen elementos vinculados a estas compañías que empeoran notablemente a imaxe do Concello".
"Falamos de elementos de soporte actualmente non operativos, e que reclaman intervención polo seu deplorable estado. Son construcións, que no seu día deron cobertura aos servizos de electricidade, pero que se permitiron levantar tamén sen a mínimo prudencia na ubicación e dimensións, as veces a beira de ríos, e unha vez deixaron de ser operativas, dan unha imaxe moi lamentable mesmo no centro da vila", din dende o BNG de Foz.
Por iso o BNG de Foz propón no pleno de marzo instar a Xunta a que exerza a sua responsabilidade nas suas obrigas no desmantelamento das estructuras obsoletas de soporte para conduccións eléctricas, lexislando se é preciso.