O BNG de Foz pedirá axudas á Consellería para a erradicación da herba da pampa 

Foz
AMariñaXa
O BNG de Foz presentan no vindeiro pleno unha proposta para solicitar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda axudas para a erradicación da herba da pampa. 
herba da pampa
27 Out 2022

O BNG de Foz presentan no vindeiro pleno unha  proposta para solicitar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda axudas para a erradicación da herba da pampa. 

"A defensa do Medio Natural é sempre unha prioridade do BNG de Foz. O Carrizo ou Herba da Pampa (cortaderia selloana), tivo unha grande e rápida expansión comportandose coma unha especie invasora. Unha vez instalado o Carrizo da Pampa ten grande capacidade para sobrevivir, modifica o hábitat e resulta moi perigosa para a flora endémica, tratándose ademáis dunha especie implicada na incidencia e empeoramento de alerxias, e por riba enormemente pirófita que contribúe á propagación de incendios e coloniza doadamente os espazos queimados", din dende o grupo focego. "Isto levou a que o Carrizo da Pampa este incluído no Catálogo de Especies Exóticas invasoras".

A Conselleria de Medio Ambiente da prioridade a loita em ambitos especialmente vulnerables como as reservas da Biosfera ou áreas de rede natura 2000. "Máis sendo isto claramente necesario, temos que considerar que a loita contra as especies exóticas invasoras non se pode abordar de xeito efectivo sem considerar a conectividade dos ecosistemas e sen ter en conta os medios de dispersión e colonización destas especies", engaden dende o BNG de Foz. 

Foz non é alleo a esta problemática, e, "vemos como esta planta invasora está a se espallar por zonas de alto valor ecolóxico e paisaxístico e está a incrementar a súa presenza en numerosos lugares do concello. Tanto protexidos como no esterio do Ouro, e na Espiñeira a carón da ría de Foz como noutros sen essa figura como nas inmediacións do polígono de Fazouro. Por non mencionar o impacto paisaxístico en bens patrimoniais en San Martiño a carón da Basílica ou a carón do Río Centiño como puidemos comprobar recentemente co Proxecto Ríos", remataron dicindo.

Por isto o Bloque Nacionalista Galego de Foz propón solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda a provisión económica para as actuacións precisas para erradicar a cortaderia selloana.

0.19588780403137