O BNG de Foz organiza unha charla sobre a instalación do novo parque eólico
O BNG de Foz organiza unha palestra informativa sobre a instalación do novo parque eólico con macroaeroxeradores na Mariña, o vindeiro 9 de setembro da man do experto en impacto do sector eólico, Fins Eirexas de ADEGA.
Será ás 19.30 horas na Casa da cultura de Foz para o que será preciso anotación previa no correo: amarinha@bng.gal e no tel 982140654 dado o aforo limitado polas restriccións sanitarias.
"A finais de 2020, 106 dos 313 concellos galegos acollían parques eólicos, con máis de 4.000 aeroxeradores instalados. O actual boom eólico na Galicia vulnera catro normativas comunitarias", din desde o BNG da Mariña.
"Unha realidade que puxemos en coñecemento da Comisión Europea para evitar máis danos e prexuízos. E non en tanto, continúan en fase de tramitación 130 proxectos de parques eólicos para encher Galicia de macroaeroxeneradores de case 200 metros de altura, mesmo ameazando explotacións agrogandeiras e núcleos de poboación", engaden.
Atópase en trámites de alegacións a instalación dun novo parque eólico, o proxecto Borrasca, que afecta aos Concellos de Foz, Lourenzá e Mondoñedo no que respecta aos aeroxeneradores e subestacións electricas e aos concellos do Valadouro, Cervo e Xove na evacuación da enerxía xerada.