O BNG de Foz denuncia novamente a falta de cobertura no centro de saúde
O BNG de Foz denuncia novamente a falta de información e a improvisada e incompleta cobertura no centro de saúde.
"O pasado 24 de decembro a Consellería de Sanidade deixou sen cobertura médica aos veciños de Foz", din dende o grupo nacionalista, "denunciamos este feito e os numerosos antecedentes sen resolver que rebordan moito a paciencia das veciñas."
Diante da denuncia pública do BNG de Foz, o Sergas "amósase nervioso e improvisa", din. O BNG anticipaba tamén a previsible repetición da ausencia do sábado 31 de decembro, "pero a ocurrencia do PP para tapar a súa impericia e neglixencia, é inventarse unha quenda de media xornada, sen anuncio público, nin coñecerse o horario desa prestación, con claro desleixo, coma toda a sua xestión".
O BNG de Foz e os veciños da Mariña consideran que os seus servizos sanitarios deben ser completos e diarios, con dotación completa na plantilla de facultativos, de medicina xeral e pediatría, plantilla completa diaria de TES no 061, de equipo completo de reforzo no vrao, de substitución completas todolos días das baixas, de creación e dotación completa da praza de matrona, "en definitiva unha asistencia diaria e completa e non apaños para agochar a sua incapacidade e desinterés, cando non ausencias completas, iso sí con ocultación interesada".