Os grupos políticos de Foz piden solucións para a Escola de Música

Foz
AMariñaXa
Ao longo desta semana coñeceuse a noticia da dimisión do directo da Escola Municipal de Música Arcadio Mon, Felipe Sánche
escola musica arcadio mon foz
26 sep 2021

Ao longo desta semana coñeceuse a noticia da dimisión do directo da Escola Municipal de Música Arcadio Mon, Felipe Sánchez, que levaba ao fronte desta entidade seis anos despois de coñecerse tamén o cese da presidenta do ANPA, Cielo Fernández.

Descoñécense os motivos destas dimisións pero dende o equipo de Goberno e os grupos políticos lamentan estas noticias xa que "veñen nun mal momento pois a escola atópase en proceso de contratación de profesores e ademais coincide co inicio de curso", din dende o Concello.

Así, para o Partido Popular os problemas que ten o centro focense son consecuencia da inacción e da falta de xestión do goberno municipal e instan ao goberno de Foz a sentarse a traballar con Felipe Sánchez e a ANPA para dar solución á grave crise que vive a Escola de Música.

Dende o BNG de Foz amosan a seu máximo interese e plena disponibilidade na resolución favorable para todas as partes, especialmente para as persoas usuarias.

"As escolas de música poden e deben ter unha gran variedade de plantexamentos adaptados as posibilidades e recursos dos concellos. Por iso, a mellor solución debe ser consensuada co acordo de todolos membros da comunidade educativa", engaden dende o BNG.

"Facemos unha nova chamada ofrecendo plena disponibilidade para acadar un encontro que permita solucionar a situación actual. En todo caso, amosamos coma sempre, o noso apoio a escola Municipal de Música e a todos os membros do profesorado e alumnado e o aprecio e agradecemento a Felipe Sánchez Fernández po lo xigantesco e valiosísimo traballo realizado, confiando en que poda continuar prestando o seu bo facer na nosa Escola Municipal", rematan dicindo dende o BNG.

0.20051383972168