O BNG de Foz amosa a sua sorpresa e decepción "pola actitude do candidato do PSOE, que impide calquera acordo de Goberno"
O BNG de Foz amosa a sua sorpresa e decepción "pola actitude do candidato a alcalde do PSOE, que impide calquera acordo de Goberno en Foz".
"As veciñas e veciños de Foz decidiron nas pasadas eleccións deixar abertas as opcións de goberno. Asemade, decidiron incrementar a representación do BNG no pleno, feito que agradecemos dende o BNG considerandoo unha honra e un reforzo ao noso traballo. Despois da experiencia dos pasados 4 anos de cogoberno co PSOE, contemplabamos unha fórmula semellante que permiƟse conƟnuar o traballo municipal que deu ao goberno estabilidade e garanơas a veciñanza", di Francisco Fanego.
Despois das eleccións, "o PSOE de Foz sorprendíanos insinuando en prensa a súa preferencia por gobernar en solitario, mesmo sen ter maioria absoluta, e por riba amosaba escaso respecto ao noso grupo municipal cando decía que valoraría se era posible facer un oco no goberno ao BNG”, engade o nacionalista, "esa actitude de escaso interese, amosouse evidente convocando ao BNG de Foz a última hora para falar de posibles acordos. As conversas foron estériles po la actitude sorprendente do candidato do PSOE obstruindo toda posibilidade de acordo e limitando o posible pacto con imposicións mesmo mais restrictivas que hai 4 anos".
"Sabemos que moitas veciñas e veciños de Foz tiñan a esperanza de que o BNG como forza de goberno continuase imprimindo á acción de goberno un pulo con políticas municipais transformadoras, reforzando a nosa autoestima e confianza en nós como pobo", engade, "quen defraudou esa esperanza foi exclusivamente o PSOE ao optar desde o minuto cero por un goberno en solitario".