O BNG de Foz acada unanimidade nas suas propostas

Foz
AMariñaXa
Foz acadou unanimidade nas propostas de apertura ao dique norte de Alcoa en San Cibrao e as melloras na atención a Endometriose.
12 May 2021

O pasado pleno do Concello de Foz acadou unanimidade en duas propostas do BNG de Foz. Por unha banda a iniciativa para liberalizar e abrir ao tráfico comercial o dique norte do Porto de Alcoa en San Cibrao e a segregación da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A importancia destas medidas para a economía de Lugo e de Galicia e notable pois a posta en funcionamento do dique norte, permitiría habilitar un peirao de atraque de 240 metros de lonxitude para buques de 222 mts de eslora, 11,5 mts de calado e 50.000 m2 de esplanada portuaria.

"A autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao non chega a investir na provincia de Lugo, nin en San Cibrao nin na Mariña nin siquera o 5% do recaudado aquí no peirao de Morás por taxas e outros conceptos e falamos de cantidades anuais que rondan os 10 millóns de euros. Esta infraestrutura traería consigo unha maior dinamización socioeconómica de A Mariña e, por extensión, da nosa provincia, dinamización mais que necesaria sobre todo pola situación que se está a vivir polo incerto do futuro industrial da comarca", din dende o BNG de Foz.

Por outra banda no eido sanitario o BNG fíxose eco do colectivo querENDO, e acadou a unanimidade para mellorar a asistencia a endometriose. "O retraso medio do diagnóstico é de 8 anos, e vén dado por dúas causas fundamentais, o descoñecemento da doenza e dos seus síntomas por parte das mulleres e a pouca atención que, ata o momento, o sistema sanitario prestou aos síntomas da endometriose, asociando falsamente a regra coa dor, e normalizando este síntoma principal da  doenza", din os nacionalista.

No Congreso aprobouse por unanimidade a primeira PNL no ano 2006, mais fóronse dando pasos que em absoluto están en equilíbrio coa gravidade do asunto. En 2015 unha moción relativa a endometriose foi aprobada por unanimidade no parlamento de Galicia mais, en febreiro de 2018 o PP rexeitou a solicitude de ratificación daquela moción.

O BNG de Foz cre que "xa é hora de poñer en marcha medidas que leven informar a toda a sociedade desta doenza, a formar ao persoal sanitario no seu correcto e temprano diagnóstico e tratamento e poñer a disposición os recursos necesarios na sanidade pública que permitan a formación de unidades específicas e multidisciplinares", engadiu.

Cadrando con esta proposta, o Grupo do BNG no Parlamento de Galicia acadou este mesmo mes, tamén unanimidade desta proposta.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18025493621826