O BNG de Cervo volve denunciar os verquidos de augas residuais sen depurar

AMariñaXa
O BNG de Cervo vén de informar que seguen producíndose verquidos ao mar de augas residuais sen depurar na zona da Atalaia en San Cibrao.
augas residuais sen depurar na zona da Atalaia en San Cibrao
20 Ago 2022

O BNG de Cervo volveu denunciar nas súas redes sociais que se seguen a producir verquidos ao mar de augas residuais sen depurar na zona da Atalaia en San Cibrao.

"Volvemos a denunciar que seguen a producirse verteduras ao mar e por iso reclamamos ao equipo de Goberno do Concello de Cervo, solucións de maneira urxente para parar de inmediato este dano medioambiental continuado", din os nacionalistas cervenses.

"7 millóns de euros é o custe da rede de saneamento que despois de 7 anos segue a dar problemas provocando danos medioambientais graves e molestar na veciñanza", engadiron na súa denuncia pública.

"Recordamos ao Concello de Cervo que o gasto público debe ser exemplo de eficiencia e non de especulación", por iso dende o grupo político reclámanlle solucións aun problema "enquistado".

augas residuais sen depurar na zona da Atalaia en San Cibrao 1
0.20535182952881