O BNG de Cervo denuncia ante o Seprona que seguen a producirse verquidos ao río Covo

AMariñaXa
O BNG de Cervo vén de informar que seguen producíndose verquidos ao mar de augas residuais sen depurar na zona da Atalaia en San Cibrao.
bng cervo verquidos rio covo 2
26 Ago 2023

O BNG de Cervo vén de denuncia ante o Seprona que seguen a producirse verquidos ao río Covo, "desta vez de augas residuais sen depurar na zona do viaducto de río Covo".

"Na estación prodúcense augas estancadas cun cheiro nauseabundo, o mesmo cheiro continuado na auga que sae polo cano", din os nacionalistas cervense, "o curso do río presenta danos ecolóxicos que van parar a desembocadura e en consecuencia a praia do Torno".

Así, dende o BNG reclaman ao equipo de goberno do Concello de Cervo, "solucións de maneira urxente para parar de inmediato este dano medioambiental continuado".

O Concello de Cervo tivo constancia desta denuncia e como procede, técnicos do Concello e efectivos do Seprona desprazáronse ata o lugar e "constataron que non exisite ningunha irregularidade que atente contra o medio ambiente nesta contorna".

De feito, "certificaron que a auga estancada no curso do río, está completamente limpa, e procede dunha canalización de alivio da antiga estación de bombeo de auga potable que abastecía antigamente os núcleos de río Covo e San Cibrao, hoxe en desuso, xa que esta zona está fornecida, na actualidade, desde a estación da Senra", din dende o Concello. Polo tanto é auga captada do encoro de río Covo que regresa directamente ao río por esta canalización.

Desde o Concello de Cervo din que "entendemos, respectamos, e apoiamos que se denuncien todo tipo de accións que atenten contra o medio ambiente, pero entendemos, tamén, que estas acusacións deben estar asentadas sobre unha base fundamental sólida, coa consistencia e o razoamento suficientes para iniciar un proceso como este ante un organismo como o Seprona, para non alarmar gratuitamente á poboación, e xerar falsas informacións que non benefician a ninguén".

bng cervo verquidos rio covo 1
0.18004202842712