O BNG de Cervo propon que parte do Plan Único sexa investido nos locais públicos

AMariñaXa
Os concelleiros do BNG cervense propoñen que os cartos achegados do Plan Único sexan investidos nos locais públicos
cartel cervo tirado chan
7 May 2022

Os concelleiros do BNG cervense propoñen que os cartos achegados do Plan Único da Deputación, 300.000 euros, sexan investidos conforme as bases que os rexen nos locais públicos do Concello que usan as distintas asociacións do municipio, dándolle arranxo a aqueles que presenten un deterioro considerable, por unha contía de 150.000 euros.

O montante restante, outros 150.000 euros, "poderían destinarse a reparación e substitución das sinais viarias, limpar e acondicionar a ruta de sendeirismo do río Xunco, así como limpar e acondicionar o Camiño Real Cervo-Sargadelos".

"Unha magoa que o PP desbotara estas actuacións tan imprescindibles no noso municipio e que tanto demandan ás asociacións culturais e a veciñanza", rematan dicindo os nacionalistas.

0.16425895690918